Polo tanto, non podemos resistir a tentación de facervos unha nova recomendación, neste caso absolutamente imprescindible, para acompañardes ao cesto, á navalla e demais enseres propios dos expertos -e non tanto- amantes da arte micolóxica.
Trátase do volume "500 setas del litoral atlántico y nor
oeste peninsular" (Edicións Edicións Do Cumio, 2011), de J.M.C. Marcote, Manuel M. Pose e J.M Traba, unha auténtica xoia bibliográfica do apaixoante mundo das setas que non pode faltar nos fogares dos grandes amantes da micoloxía. Magníficas fotografías e excelente estudo científico. Absolutamente recomendable.
"500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular". VVAA.
"500 setas del litoral atlántico y noroeste peninsular". VVAA.
Edita: Edicións Do Cumio. PVP: 35 €
( Comentario feito por Modesto Fraga, escritor fisterrán, e libreiro dono da libraría " A lus do candil" en Arteixo)